CRTVG

Buscar

Comisan 87 peles de raposo nunha furgoneta en Ferrol

Publicado o 20/02/2019 14:43

Un equio de Atestados de Ferrol atopou unha furgoneta con 87 peles de raposo. Nun control ordinario, os axentes pedíronlle ao condutor que amosase o interior do vehículo, e alí estaban as peles, aínda con restos de sangue e órganos dos animais. A Garda Civil ferrolá e o Seprona de Pontedeume inmobilizaron a mercadoría, que carecía de documentación. O condutor quedou retido nas dependencias policiais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019