CRTVG

Buscar

Os bombeiros sufocan un incendio na rúa Cordonería, na Coruña

Publicado o 30/05/2021 20:03
Os bombeiros sufocan un incendio na rúa Cordonería, na Coruña

Susto esta tarde no centro da Coruña, cando se desatou un incendio nunha vivenda do barrio da Pescadería. Foi na rúa Cordonería, e o fume, que se vía dende distintos puntos da cidade, alertou os veciños. Afectou o último andar dun dos edificios da rúa. O acceso ao lugar non foi doado para as dotacións de bombeiros e o forte vento tamén dificultou as tarefas de extinción.

 

Noticias web

30/05/2021