CRTVG

Buscar

O incendio dunha nave de pesticidas obriga a evacuar vivendas próximas en Vilagarcía

Publicado o 06/04/2019 20:48

Un incendio arrasou unha nave de herbicidas e raticidas no polígono de Trabanca Badiña en Vilagarcía. Un amplo operativo de emerxencias logrou sufucar as lapas que se orixinaron ao mediodía nas instalacións da empresa Impex Europa. Por precaución desaloxáronse dúas vivendas e varias naves lindeiras. A columna de fume podía verse desde varios puntos do concello arousán.

Os bombeiros de Vilgarcía e os do parque do Salnés acudiron esta mañá a sufocar un incendio que se declraou nunha nave industrial do polígono de Trabanca, en Vilagarcía de Arousa.

O amplo operativo segue na zona tratando de controlar o lume. Participan dotacións de bombeiros, protección civil e axentes forestais. Son poucos os datos do sinistro, que está provocando a evacuación das naves lindeiras á de Impex Europa, na que se declarou o lume.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019