Declárase extinguido o incendio forestal de Ponteceso
Publicado o 25/08/2021 21:32
Extinguido o incendio forestal que afecta a parroquia de Niñóns, no concello de Ponteceso. O incendio comezou o luns pola tarde e quedou controlado este martes, ata que a última hora da tarde deste mércores, foi extinguido.
Na zona traballaron catro técnicos, once axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, tres pas e medios aéreos.