CRTVG

Buscar

Declaran varios gardas civís que participaron nos rexistros do 20 de setembro de 2017

Publicado o 19/03/2019 21:01

No xuízo do próces declararon como testemuñas varios gardas civís que participaron nos rexistros do 20 de setembro de 2017. Un deles contou como un dos detidos polo referendo lle ordenou á súa secretaria que se desfixese de documentación comprometedera. Outro axente declarou que a multitude concentrada diante da consellería de Economía mesmo quixo quitarlles a persoa que levaban detida.

O terceiro garda civil que declarou como testemuña confirmou o relato ofrecido nesta mesma sala pola secretaria xudicial que participou nos rexistros das consellerías de Economía e de Exteriores. Segundo este axente, os concentrados insultaron, botaron todo tipo de obxectos e mesmo zarandearon o coche en que ía a funcionaria. A situación empeorou coa evacuación dun detido.

Outra das testemuñas revelou que un alto cargo da Generalitat, colaborador de Oriol Junqueras lle pediu á súa secretaria que se desfixese de documentación comprometedora cando soubo que a garda civil tiña orde de rexistrar o seu domicilio e o seu despacho.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019