CRTVG

Buscar

Declaran 'persona non grata' en Pontevedra o conselleiro delegado de Ence

Publicado o 22/03/2021 14:44

Cos quince votos a favor dos concelleiros do BNG e do PSOE, o conselleiro delegado de Ence foi declarado persona non grata en Pontevedra. Unha moción na que condenaron a violencia despois das últimas protestas dos traballadores de ENCE no Concello.

Malia que si condenou a violencia, o PP votou en contra da moción, ao igual que o concelleiro non adscrito.

O PSOE tamén apoiou a moción que pide unha mesa de negociación para pactar a saída de ENCE de Lourizán sen perder os postos de traballo.

O PP tamén presentou unha terceira moción nese pleno para pedir o mantemento dos postos de traballo.

Noticias web

22/03/2021