CRTVG

Buscar

Declaran os sete detidos por matar dunha malleira un mozo de 17 anos en San Sebastián

Publicado o 29/04/2019 15:44

Os sete detidos, de entre 18 e 25 anos, estaban na madrugada do venres no exterior dunha coñecida discoteca de San Sebastián.

Segundo fontes da investigación, foi alí onde o grupo agrediu o mozo cando este se negou a darlles tabaco. O seu irmán maior e un amigo tentaron defendelo pero non puideron evitar que recibira unha malleira brutal. Cando chegaron os servizos médicos a vítima estaba en parada cardiorrespiratoria.

Despois de tentar reanimalo foi trasladado ao Hospital Universitario Donostia onde ingresou en estado de coma profundo. O hospital confirmou onte á tarde a morte do mozo, que tiña 17 anos.

Os sete detidos, dous españois, tres romaneses, un alxeriano e outro marroquí pasaron esta mañá a disposición do xuíz que estaba á espera de ver os vídeos dalgunhas das cámaras de seguridade da zona, que supostamente gravaron a agresión.

 

Noticias web

29/04/2019