Declaran os policías que detiveron o responsable do alixo do Titán III
Logo dun ronsel de suspensións e de adiamentos, a macrocausa contra imputados no caso coñecido como do Titán III encara a súa recta final. Tras a exención dun deles e do falecemento do suposto líder da trama e dono do alixo, na Audiencia de Pontevedra sentan no banco dos acusados dezanove persoas das 21 procesadas.
Na xornada do luns escoitáronse os testemuños dos axentes do Greco Costa do Sol que participaron no operativo de detención de Paul Wouter, considerado, daquela, xefe da rede de narcos máis importante de Europa, despois fuxido e agora dado por morto.
O barco Titán III foi abordado en agosto de 2018 con 1.700 quilos de cocaína en mar aberto que, segundo a Fiscalía, viaxaban cara ás Rías Baixas. Os imputados afrontan penas que suman 220 anos de cárcere e multas multimillonarias.