CRTVG

Buscar

Declaran os investigados por fraude na venda de ataúdes en Valladolid

Publicado o 10/05/2019 09:07
Declaran os investigados por fraude na venda de ataúdes en Valladolid

En Valladolid, hoxe declaran catro investigados por unha suposta fraude na compravenda de ataúdes. Vendíanlle á xente un féretro e despois cambiábano por outro de menos valor, antes da cremación, para revender o primeiro, segundo fontes da investigación, que cren que puideron estafar ata 6.000 persoas durante dez anos, entre 1995 e 2015.

A operación policial, denominada Ignis, transcendeu a finais de xaneiro.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019