CRTVG

Buscar

Declaran os compañeiros da enfermeira de Alcalá acusada de dúas mortes

Publicado o 19/06/2019 15:05

A enfermeira acusada de matar dúas mulleres ingresadas no hospital de Alcalá de Henares asegurou ser incapaz de quitarlle a vida a ningúen. No xuízo que se segue contra ela en Madrid van declarar hoxe médicos e enfermeiras que estaban na mesma quenda de traballo cando sucederon os feitos.

Beatriz López, recoñeceu entre bágoas, que lle resultaba terrible que a acusaran de ser unha asasina porque, dixo, sempre se desviviu polas persoas que lle tocou coidar.

A auxiliar de enfermería asegurou que sería incapaz de matar a ningúen, argumentos que non
son cribles para o Defensor do Paciente.

López está acusada de matar entre os anos 2015 e 2017 dúas mulleres ingresadas na quinta planta do hospital de Alcalá onde traballaba e de tentar de matar outra xa no 2013, que puido ser salvada polos médicos.

As súas vítimas eran doentes que ían ser dadas de alta e que, de súpeto, sufriron unha embolia gasosa masiva tras recibir unha inxección de aire nas veas.

A Fiscalía pide 40 anos polas dúas mortes, pero as acusacions particulares cren que hai outras sospeitosas.

Hoxe está previsto que declaren os médicos e as enfermeiras que traballaron na mesma quenda da acusada cando sucederon os feitos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019