CRTVG

Buscar

Os axentes agredidos no poboado do Vao ratifican as denuncias

Publicado o 25/05/2020 10:21

Os feitos producíronse o pasado 4 de maio cando axentes da Garda Civil detiveron no poboado do Vao un individuo por incumprir reiteradamente a orde de confinamento e resistirse. A tensión foi en aumento e un grupo de persoas empezaron a guindarlles pedras aos axentes. Ante a alerta do 112, acudiu unha patrulla da Policía Local de Poio. Os axentes foron atacados con pedras e algún mesmo portaba unha machada. Os axentes tiveron que ser atendidos no hospital das lesións que sufriron e aínda seguen de baixa. 10 persoas foron detidas e acusadas de atentado á autoridade e delitos de lesións e danos. A xuíza decretou o seu ingreso no cárcere da Lama.

Esta mañá os axentes agredidos, 2 da Policía Local e 4 gardas civis, acudiron ao cuartel de Pontevedra para ratificar as súas declaracións por vía telemática ante a xuíza encargada do caso.

O Concello de Poio presentouse como acusación particular neste proceso.

 

Noticias web

25/05/2020