CRTVG

Buscar

Declaran o estado de urxencia pola intensa vaga de frío que golpea os EUA

Publicado o 31/01/2019 08:40

Unha seria ameaza para a saúde. Así cualificaron as autoridades a vaga de frío que segue golpeando o medioleste e norte de Estados Unidos. Onte foi o peor día rexistrado en decenas de anos, deixando cidades como Chicago e Minesota con temperaturas de ata cincuenta e tres graos baixo cero. Rexistros que acabaron con varias vidas, como a dun home en Milwakee que foi atopado conxelado no seu garaxe.

Este fenómeno letal tamén fixo que os servizos de urxencia teñan que responder centos de chamadas de socorro dos cidadáns, sorprendidos polo fenómeno coñecido aquí como frost quake, ou 'tremores de xeo'. Prodúcese entre a media noite e o amencer cando hai máis silencio nas cidades e o frío intensifícase e por tanto escóitanse estrondos provenientes da terra. Como esa mesma terra está saturada de auga, ese líquido conxélase e expándese facendo que as rochas e a terra choquen e produzcan eses movementos e sons coma se fose un terremoto.

 



 

Noticias web

31/01/2019