CRTVG

Buscar

Declaran mandos policiais e dos Mossos no xuízo do procés

Publicado o 07/03/2019 20:50

A sesión comezou coa declaración de quen era o xefe da Policía Nacional en Cataluña durante o 1 de outubro. Sebastián Trapote defendeu a actuación dos seus axentes Dixo que non tiveron máis remedio que utilizar a forza ante a violencia dos concentrados e a pasividade dos Mossos.

O xefe da Garda Civil en Cataluña, Ángel Gozalo, tamén criticou a pasividade dos Mossos e acusounos mesmo de espiar os seus axentes.

"Ante a chegada dos efectivos da Garda Civil aos colexios onde estaba pois era unha actitude de pasividade no maior dos casos e noutros casos, máis puntais, é certo, había mesmo algunha resistencia", explicou.. "Cónstannos varios momentos en que quedou constatada unha acción de observación e vixilancia de movementos de Garda Civil", engadiu.

Manuel Castellví, xefe da comisaria xeral de información dos Mossos aquel 1 de outubro negou a espionaxe. "De seguimentos nunca se deu esa orde nin a min me consta que se fixeran". Castellví, que seguirá declarando o luns, cre que o dispositivo policial do 1-O foi insuficente e que todos se equivocaron.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019