CRTVG

Buscar

Declaran estado de emerxencia en Venecia pola suba das augas

Publicado o 14/11/2019 14:20

Venecia segue pendente do nivel da auga tras as inundacións dos últimos días. O nivel do mar, que subiu ata os 187 centímetros, foi o máis alto desde hai maís de 50 anos e afectou a prácticamente toda a cidade. Un home morreu onte electrocutado na sua casa debido á entrada de auga e un anciano apareceu morto na súa vivenda, pero non se sabe se foi a causa da inundación ou morte natural.

Os danos no patrimonio son importantes, xa que a marea chegou á basílica de San Marcos e outros monumentos. O primeiro ministro italiano anunciou que hoxe mesmo se vai aprobar o estado de emerxencia e as primerias axudas para residentes e comerciantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019