CRTVG

Buscar

Declaran culpable o marido da española asasinada en 2017 en México

Publicado o 11/01/2019 14:45

Ano e medio despois do asasinato en México da española Pilar Garrido, a xustiza condenou o seu home polo crime. Jorge Fernández foi declarado culpable de feminicidio e afronta unha pena de entre 40 e 50 anos. A condena prodúcese tras un complicado proceso xudicial, durante o que tanto a familia do acusado como a da vítima defenderon sempre a súa inocencia e mesmo testificaron ao seu favor.

O home sostén que a Pilar a secuestraron cando a parella regresaba co seu bebé á casa desde a costa. O seu cadáver apareceu meses despois o que levou á detención do marido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019