CRTVG

Buscar

Declaran culpable de feminicidio o marido da española asasinada en México

Publicado o 10/01/2019 18:28
Declaran culpable de feminicidio o marido da española asasinada en México

Un tribunal declarou hoxe culpable de feminicidio a Jorge Fernández, marido da española asasinada en México Pilar Garrido. Os anos de condena daranse a coñecer nunha nova audiencia o vindeiro luns e os letrados de Fernández anticiparon que recorrerán.

A Fiscalía acusaba a Fernández de esganar a súa muller e abandonar o seu corpo nunha leira, en xullo de 2017. Fernández declarouse sempre inocente e a defensa alegaba que non había probas contundentes na súa contra nin se podían determinar as causas da morte da valenciana, de 34 anos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019