CRTVG

Buscar

Declaran como crime machista a morte dos dous anciáns de Barbastro

Publicado o 09/08/2019 19:34
Declaran como crime machista a morte dos dous anciáns de Barbastro

Tras oito meses de investigación a Garda Civil determinou que a morte violenta dunha parella de anciáns en Barbastro foi un caso de violencia de xénero. O crime causara alarma na localidade oscense porque os veciños pensaron que había un asasino solto. Pero a investigación conclúiu que non participaron terceiras persoas alleas á parella e que foi o ancián quen matou a muller antes de quitarse a vida. No caso participaron numerosos especialistas en resolver crimes complexos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019