CRTVG

Buscar

Declaran catro dos seis detidos no operativo da Garda Civil contra a banda latina dos Betas

Publicado o 11/10/2018 14:13

Catro dos seis detidos no operativo da Garda Civil levado a cabo contra a banda latina dos Betas prestan declaración esta mañá diante do titular do Xulgado de Instrución número catro de Vigo, Juan Carlos Carballal. Os outros dous quedaron en liberdade tras prestar declaración no cuartel. Hai, ademais, 15 investigados. Con este operativo a Garda Civil dáos por desarticulados. Atribúenselles preto de cen roubos con violencia no litoral sur pontevedrés, de Cangas a Baiona.
A operación foi posible grazas a dous anos de investigación da Benemérita e os rexistros autorizados polo xuíz.

A muller de vinte anos que quedou ferida mentres tentaba fuxir da redada continúa grave na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Non se teme pola súa vida. Non residía nesta vivenda, polo que inicialmente non estaba previsto detela aquí.

Ademais do rexistro practicado no número 33 da avenida da Florida, a Garda Civil entrou noutros dous domicilios vigueses. Entre as persoas investigadas hai menores que fuxiron de centros tutelados. A investigación xudicial é por pertenza a banda criminal que comezaba adquirir rol de banda dominicana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018