Declaran ante o xuíz os sete detidos dos CDR
Publicado o 26/09/2019 15:56
Os sete membros dos CDR detidos o luns en Cataluña declaran hoxe ante o xuíz. Están acusados de rebelión, terrorismo e tenza de explosivos. Dous deles recoñeceron previamente, ante a Garda Civil, que mercaran explosivos para preparar sabotaxes pero sen intención de causar dano a ninguén.
Para apoialos, desprazáronse ata a Audiencia Nacional representantes de Junts per Cat, Esquerra e Bildu. Consideran que detrás dos arrestos hai unha campaña do Estado para vincular independentismo con terrorismo.