Un incendio nunha vivenda en Santiago deixa tres persoas intoxicadas
Publicado o 27/04/2020 23:50

Un incendio declarouse este luns á noite nunha vivenda da Avenida de Lugo, en Santiago de Compostela. Ao lugar desprazáronse os bombeiros da capital galega, varias ambulancias e axentes da Policía Local.
Tres persoas foron hospitalizadas por intoxicación como consecuencia do incendio. Son un matrimonio e o seu fillo, atendidos por inhalaren fume. O suceso deixou numerosos danos materiais. Investígase a orixe do lume, que arrasou co salón deste piso, no quinto andar dun inmoble, e afectou tamén a outros cuartos.
Máis sobre Santiago de Compostela
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43