CRTVG

Buscar

O pai de Diana Quer asiste ao xuízo para apoiar os pais da rapaza de Boiro

Publicado o 10/04/2019 12:15

Declaracións de Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, á chegada ao xulgados de Santiago para estar presente no primeiro xuízo contra o Chicle por presuntos abusos sexuais a unha rapaza de Boiro.

"Son tres causas penais as que ten abertas. Todas na mesma dirección, agresións sexuais, e o único que queremos é xustiza e, como non podo ser doutro modo, veño apoiar os familiares desa rapaza, que afortunadamente non terminou no mesmo pozo de Diana, porque dous cidadáns exemplares a sacaron do maleteiro. Só agardar xustiza e que entendamos que hai individuos que hai que poñelos á marxe da sociedade".

 

 

Noticias web

10/04/2019