Declara unha testemuña que viu a Déborah a escasos metros da súa casa
Publicado o 11/02/2021 13:28
A testemuña de hoxe conseguiu eludir os medios adiantando a súa chegada a estes xulgados de Tui. As súas palabras poderían supoñer un pequeno paso de cara a novas declaracións.
É a loita do equipo xudicial e da familia de Déborah que antes do ano e pico en se podería volver arquivar o caso declaren nos xulgados todos os que tiveron relación co caso.
Outra das loitas de familia e avogados sería que se arranxasen na medida do posible os erros cometidos nas investigacións previas.
Entre os testemuños solicitados está o do exmozo de Déborah e o de dous axentes policiais: o que elaborou os atestados de 2010 e outro que foi denunciado polo equipo que asesora a familia.