O exavogado de Podemos insiste que o caso Dina é unha montaxe da cúpula do partido
Publicado o 10/09/2020 14:50
Hoxe declarou na Audiencia Nacional o exavogado de Podemos que denunciou o partido por financiamento ilegal.
Nesta ocasión, José Manuel Calvente compareceu en calidade de testemuña noutra causa, no chamado caso Dina, en que se investiga o roubo do teléfono móbil dunha antiga asesora de Pablo Iglesias.
Ante o xuíz, Calvente acusou o líder de Podemos de mentir e de crear unha montaxe para que parecese que o excomisario Villarejo orquestrara o roubo.