Declara o suposto homicida de Cabana, que segue libre á espera de novas probas
Publicado o 11/06/2019 18:42
Xa declarou nos xulgados de Carballo o acusado de matar dun golpe o seu cuñado a semana pasada en Cabana de Bergantiños. A xuíza xa o citara o xoves pasado, pero decidira pospoñer a declaración ata contar co informe preliminar da autopsia, e finalmente interrogouno hoxe. A xuíza tamén lles tomou declaración a tres testemuñas.
O detido segue en liberdade á espera de que se practiquen máis probas, acusado dun delito de homicidio. Segundo a súa versión, atacou o falecido en defensa propia, para evitar que os agredise a el e a súa irmá, parella da vítima.