CRTVG

Buscar

Declara o bispo da diocese de Tui-Vigo no xuízo dos miguelianos

Publicado o 08/11/2018 14:20

O xuízo polo caso dos miguelianos chega á súa décimo oitava xornada coa declaración do bispo da diocese de Tui -Vigo e a do visitador cóengo designado para saber que sucedía en Orden y Mandato. Este sacerdote recolleu nos seus informes os presuntos abusos sexuais e o condicionamento da vontade dos membros. 

Manuel Salcido foi o sacerdote designado polo bispado da diocese de Tui - Vigo para elaborar un informe do que sucedía en Orden y Mandato de San Miguel Arcángel en maio de 2013. Para elaboralo entrevistouse con membros e realizou distintos cuestionarios. Segundo explicou, só unha das mulleres faloulle de abusos sexuais á forza co fundador. Nas súas conclusións recolle eses presuntos abusos sexuais, aínda que apunta que el viu pecado pero non delito. Tamén fala da submisión dos membros cara a Miguel Rosendo e do condicionamento da súa vontade.

Nesta sesión tamén declarou o bispo da diocese de Tui - Vigo, quen ordenou a investigación interna e en 2014 decide apartar a Miguel Rosendo de Orden y Mandato de San Miguel Arcángel de xeito oficial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018