CRTVG

Buscar

O xuíz envía a prisión ao ex-director de Pemex reclamado por México

Publicado o 13/02/2020 09:58

O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno decretou este xoves prisión provisional para o  exdirector dos estatal Petróleos Mexicanos (Pemex) Emilio Lozoya, detido en Málaga e reclamado por México por unha fraude de 280 millóns de dólares.

Segundo informaron fontes xurídicas despois de que Moreno tomase declaración a Lozoya por videoconferencia, o xuíz enviouno a prisión por risco de fuga, ao non ter arraigamento en España, e ante a gravidade da pena que se lle pode impoñer de 15 anos de prisión.

Lozoya, sobre o que pesaba unha orde de busca e captura internacional pola súa presunta implicación na trama de subornos da construtora brasileira Odebrecht, foi director de  Pemex entre 2012 e 2016, co Goberno de Enrique Peña Nieto, e estaba en busca e captura desde maio de 2019. 

Noticias web

13/02/2020