Declara en Cantabria a acusada de matar a parella e agochar a cabeza nunha caixa
O corpo do home segue sen aparecer
O corpo de Jesús Mari Baranda está desaparecido dende febreiro do ano pasado. A cabeza atopouse nunha caixa que a moza del agochou na casa dunha amiga.
Máis de ano e medio despois do crime, o asasinato deste home segue rodeado de incógnitas.
A muller leva máis dun ano na prisión do Dueso como sospeitosa da desaparición. Este xoves declarou nos xulgados de Castro Urdiales.
Os familiares da vítima comezaron a botalo en falta a mediados de febreiro do ano pasado, pero a suposta asasina dicía que estaba de vacacións cuns amigos. Mentres a Garda Civil rexistraba a súa casa, ela pediulle a unha amiga que lle gardase unha caixa. Tempo despois, a amiga abriuna polo mal cheiro que desprendía. E dentro atopou o cranio.
Nas súas primeiras declaracións, a muller dixo que deixaran a caixa na súa porta e que a gardara porque era o único recordo que tiña del.