CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Declara como acusada no caso atentado da AMIA a ex-presidenta Fernández de Kirchner

Publicado o 26/10/2017 21:22



A ex-presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, acaba de declarar como acusada por suposto encubrimento de terroristas a través dun memorando con Irán. Unha cita á que acude só catro días despois de sair electa senadora e horas despois de ser detido por corrupción un home clave no seu Goberno.


Só 24 horas despois da detención do seu ministro de confianza, a ex-presidenta e xa senadora electra, Cristina Fernández de Kirchner tivo que comparecer nestes Tribunais de Bos Aires acusada por traición á patria polo suposto encubrimento dos terroristas implicados no atentado contra a mutualista xudía AMIA en 1994, a través dun pacto con Irán.

Esta denuncia está inspirada na que presentara o fiscal Alberto Niscan no 2015, só uns días antes de aparecer morto cun tiro na cabeza.

Cristina Fernández de Kirchner entregoulle ó xuiz un escrito no que defende o memor ando con Irán como o único xeito para que a causa avanzara.
Arroupada por militantes, a exmandataria asegurou que a causa non é sostible e acusou ó Goberno de utilizar á Xustiza para atemorizar á oposición e ter un Parlamento sumiso.

A súa comparecencia nos Tribunaís chega só catro días despois da súa derrota nas eleccións lexislativas, onde puido acceder a un escano de senadora, o que lle da inmunidade parlamentaria ante unha eventual detención.

Sobre a exmandataria pesan xa varios procesamentos xudiciais por administración fraudulenta e asociación ilícita durante o seu Goberno.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

26/10/2017