CRTVG

Buscar

O asasino confeso da pequena Naiara vencella o crime co estrés laboral

Publicado o 16/09/2020 14:57

O que ven de camiseta azul é Iván Pardo, o home que torturou ata a morte a fillastra do seu irmán. A cativa, de 8 anos, morreu despois de cinco horas recibindo descargas eléctricas, queimaduras, golpes dun cinto nas plantas dos pés e patadas por todo o corpo e a cabeza.

Mentres el facía todo isto, a cativa estaba axeonllada nunha caixa de grava e cun calcetín na boca para que non se oíran os seus berros.

El non negou os feitos. Nunha declaración anterior ante a xuíza, Iván dixo que lle pegara porque a nena non sabía a lección. Este mércores atopou unha xustificación nova. Diante do tribunal que o xulga en Huesca dixo que estaba estresado.

Negouse a contestar as preguntas do fiscal e as acusacións. E exculpou do crime a súa nai e o seu irmán, que vivían con el. O ministerio público e a acusación particular piden para o acusado prisión permanente revisable.

Ademais de torturar a nena ata a morte e de pasar horas sen chamar a emerxencias para intentar salvarlle a vida, Iván Pardo está acusado de obrigar as sobriñas de 12 e 14 anos a presenciar esta agresión salvaxe. Segundo a Fiscalía, obrigou as rapazas a facilitarlle os obxectos que precisaba para seguir martirizando a Naiara.
O crime cometeuse en xullo de 2017. Dende entón, o asasino confeso está en prisión preventiva.
 

Noticias web

16/09/2020

Máis sobre actualidade