CRTVG

Buscar

Declara a vítima no xuízo pola suposta violación múltiple no San Fermín

Publicado o 14/11/2017 21:36

Segunda xornada da vista oral que xulga a suposta violación múltiple a una moza en Pamplona nas festas de San Fermín do ano pasado. Esta mañá prestou declaración durante catro horas a vítima sen que se lle mostraran os vídeos do ocorrido ese día.

A moza que supostamente sufriu nos Sanfermíns do ano pasado a violación pola que están acusados cinco individuos declarou durante catro horas. A Audiencia dispuxo medidas excepcionais para salvagardar a súa intimidade e evitar calquera contacto cos cinco supostos agresores. Tampouco se lle mostraron os videos do día no que ocorreron os feitos, así o decidiu o tribunal. 

O testemuño da vítima e os videos da suposta violación gravados polos propios acusados serán clave para o avogado defensor. Aínda que o xuízo se celebra a porta pechada, sábese que neses documentos gráficos aparecen os acusados, ao parecer, animándose mutuamente mentres a rapaza era incapaz de defenderse. Tamén declarou a parella que atopou a vítima chorando e avisou aos servizos de emerxencia. 

Os acusados chegaron tres deles desde o cárcere onde cumpren prisión provisional e dous desde a cadea militar de Alcalá de Henares, onde están por seren un deles militar e outro garda civil. O xuízo aínda vai durar 7 xornadas máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017