CRTVG

Buscar

Declara a única testemuña do secuestro de Pelopincho e o seu socio

Publicado o 17/10/2019 20:56

O seu home desapareceu no que semella ser un axuste de contas por narcotráfico. Ela denunciou e despois fuxiu. Declarou este xoves dende Bolivia no xuízo que se segue na Audiencia de Pontevedra pola desaparición de José Bernardo Villaverde e o seu socio Pelopincho. Pero ninguén puido ver a súa cara.

Vivianne está segura de que seu home, José, está morto. Así llo dixo un dos catro acusados, un dos homes que supostamente o levaron da casa en novembro de 2010.

"Unha vez díxome que eu tiña que irme ao meu país que o meu home xa non ía aparecer".

Lembramos que Villaverde e o seu socio Xosé Antonio Pouso, coñecido como Pelopincho, desapareceron en novembro de 2010, despois de perder no mar un alixo de 4 toneladas de haxix. Segundo declarou a muller de Villaverde ante a policía, catro dos seus socios abordáronos á entrada da súa casa. As defensas din que ambos desapareceron voluntariamente para librarse das causas pendentes coa xustiza. O fiscal, pola contra, sostén que as desaparicións foron forzosas e pide 10 anos de cárcere para cada un dos acusados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019