CRTVG

Buscar

Declara a porta pechada a vítima da suposta agresión dos ex-xogadores da Arandina

Publicado o 22/11/2019 14:42

A moza entrou na Audiencia Provincial de Burgos en coche e directamente ao garaxe. No xuízo, a porta pechada, declarou protexida por un biombo para evitar o contacto visual cos tres encausados, ex-xogadores da Arandina. Ademais, para reducir a penosidade que pode representar esta comparecencia, o presidente da sala decidiu realizar as preguntas de todas as partes.
Antes de entrar no xuízo, a avogada da menor dixo que este é un momento moi duro para a vítima.

Patricia Ortiz, avogada da menor: "Para a nena vai ser moi duro ter que lembrar todo o que viviu nese piso. Está pasándoo francamente mal".

O avogado da Asociación Clara Campoamor, que exerce de acusación popular, salientou a importancia desta sesión.

Luis Antonio Calvo, avogado da Asociación Clara Campoamor: "Un dos días máis importantes porque é a proba de cargo. É a declaración da nena, que contará todo o que sufriu ese día".

A fiscalía pide unha pena de 39 anos de prisión para dous dos encausados e de 40 para o terceiro. As defensas solicitan a absolución.

Noticias web

22/11/2019