CRTVG

Buscar

Décimo segunda xornada de protesta dos chalecos amarelos en París con novos enfrontamentos

Publicado o 02/02/2019 18:52

Unha nova marcha dos chalecos amarelos polas rúas de París volveu deparar momentos de tensión entre participantes e forzas da orde. A policía lanzou gases lacrimóxenos e pelotas de goma, en resposta supostamente ao lanzamento de proxectís por parte dalgúns concentrados.


A praza da República foi o punto final da marcha, que cumpre xa o seu décimo segundo sábado, desde que o 17 de novembro os chalecos amarelos comezaran a denunciar a alza do prezo dos carburantes en Francia e a pedir a mellora do poder adquisitivo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2019