CRTVG

Buscar

Décimo aniversario do colexio Miraflores de Ourense

Publicado o 09/03/2020 14:50

A educación como cabalo de batalla contra a pobreza. É a filosofía da relixiosa ourensá Salud Conde, fundadora dos colexios Miraflores, que hoxe celebraron o seu décimo aniversario en Ourense.

Na urbanización Monterrei de Ourense érguese este centro de raíces mexicanas e cerebro galego, o de Salud Conde, unha relixiosa ourensá natural de Vilar de Barrio que emigrou a México nos anos 60 e chamou á porta dos máis poderosos para poñer en marcha o seu proxecto educativo.

Olegario Vázquez Raña, empresario: "Son unha monxa, veño traballar, e preciso poñer unha escola, pero non teño con que, eu non teño nada".

Hoxe, no décimo aniversario do centro ourensán, vén do brazo do empresario tamén de raíces ourensás Olegario Vázquez Raña, protector do Miraflores.

Salud Conde, directora xeral dos colexios Miraflores: "A educación, sempre o digo, quita a pobreza, a ignorancia, porque forma as persoas".

Ao acto acudiu unha delegación de alumnos de México, onde teñen catro colexios.

Noticias web

09/03/2020