CRTVG

Buscar

Decepcionante resultado para Tirán e Cabo na Bandeira de Zarautz

Publicado o 14/08/2021 20:34

Na Liga ACT de traíñas, non foi un bó día para os equipos galegos na primeira xornada da Bandeira de Zarautz. Tirán perdeu o duelo con Lekeitio e afastouse dun xeito case definitivo dos postos de salvación. Foi a última e encamíñase cara o play off de permanencia. Discreta xornada de Cabo, novena clasificada e que mañá sairá na primeira quenda. O espectáculo estivo na pelexa polo triunfo. Hondarribia gañoulle a partida a Santurtzi por menos de dous segundos.

Noticias web

14/08/2021