Decepción no Leyma e no Breogán, afectados pola eliminación da fase de ascenso á ACB
Publicado o 26/05/2020 15:05
A decepción é máxima entre os dous clubs galegos da LEB Ouro afectados pola finalización do campionato e a eliminación da fase de ascenso á ACB.
No caso do Leyma Coruña todos os seus xogadores permaneceron na cidade durante a fase aguda da pandemia agardando a volta da competición. O club coruñés estuda legalmente a resolución da Federación.
En Lugo planificaron un equipo para a recta final da liga e a decisión de eliminar os play off prexudícaos de especial maneira.
O Leyma quere saber que equipos non estaban preparados para afrontar o reinicio do campionato e deixa unha pregunta no aire.
A decisión está tomada. Borrada esta, xa só quedan as contas novas da nova temporada que se presenta difícil, especialmente no económico.