CRTVG

Buscar

A Armada agradece "a gran acollida" ao portaavións Xoán Carlos I no porto de Getxo

Publicado o 23/03/2019 18:37

Outra das imaxes destacadas deste sábado chega de Getxo. Alí houbo ringleiras moi longas desde primeira hora da mañá. Agardaban para poder visitar o portaavións Xoán Carlos I, o buque insignia da Armada española, que atracou onte neste porto dentro dos exercicios militares organizados polo exército do aire en augas do Cantábrico.

A Armada agradeceu nas súas contas de redes sociais a acollida do público. O concello desta localidade rexeitara a visita do barco da Armada co voto a favor de PNV, EHBildu, Podemos e o Partido Socialista de Euskadi. A pesar desta posición da corporación e da presenza de grupos contrarios á visita que esta maña se concentraban no porto, centos de cidadáns achegáronse hoxe ao porto para ver de preto este portavións.

 

Noticias web

23/03/2019