Decenas de persoas participaron nas concentracións convocadas polo BNG
Publicado o 08/11/2018 21:16
A decisión do Goberno de atribuírlle á banca o imposto das hipotecas non evitou as protestas contra o Tribunal Supremo. En Galicia, decenas de persoas participaron nas concentracións convocadas polo BNG nas principais cidades. A formación frontista pedía unha resposta contundente nas rúas ao que cualificou de "aberración xurídica" e de estafa bancaria. Para o sábado hai convocada outra manifestación diante do Tribunal que o martes decidiu cargar sobre os hipotecados o imposto de actos xurídicos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí