CRTVG

Buscar

Decenas de desaparecidos e 28 mortos nos incendios que asolan California e Oregón, nos Estados Unidos

Publicado o 13/09/2020 11:01

28 é a cifra de mortos rexistrados ata primeira hora deste domingo nos múltiples incendios que queiman o oeste dos Estados Unidos, principalmente o norte do estado de California e Oregón, onde decenas de persoas permanecen desaparecidas.

O incendio de North Complex leva queimadas máis de cen mil hectáreas e dous mil edificios desde que se iniciou a mediados de agosto, a causa dunha tormenta eléctrica. Os fortes ventos, a sequidade e as altas temperaturas fixo que se estendesen a gran velocidade.
As autoridades deron aviso a case medio millón de persoas para que estean alerta por se teñen que abandonar os seus fogares no caso de que os lumes non se dean controlado.

Noticias web

13/09/2020