CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Decenas de mensaxes de condolencia nas redes da TVG pola morte dos dous mozos de Carnota

Publicado o 12/06/2018 21:40
Imos dar agora unha volta por Internet.




As nosas redes están conmocionadas polo accidente de tráfico en que morreron dous irmáns de Carnota, de 20 e 14 anos. Moitos dos nosos seguidores están expresando nas nosas redes sociais as súas condolencias aos pais dos rapaces, que perderon os seus dous fillos a só dous quilómetros do establecemento hostaleiro onde traballan. Á marxe deste asunto, tamén está suscitando moitos comentarios todo o relacionado coa situación dos inmigrantes do 'Aquarius'.

Isto no que respecta a información, no terreo de entretemento, hoxe imos estar moi pendentes do Larpeiros.

E atención que vén unha nova serie para as tardes da tvG2

O dito: volve Dawson's Creek. Para aprendermos inglés.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

12/06/2018