CRTVG

Buscar

Decembro permite volver ver o sol

Publicado o 03/12/2019 15:01

O pasado foi un mes gris na nosa comunidade. Nalgúns puntos caeron máis precipitacións que a media de España nun ano. Porén a chuvia non dura sempre e o inicio de decembro deixounos ver de novo un sol que criamos desaparecido.

Baixaron as mínimas, mesmo por debaixo dos cero graos. Porén paga a pena a peaxe do frío a cambio de días solleiros que permiten pasear, inspirarse a carón do mar, gozar das afeccións e mesmo bañarse.

Iso din as previsións que nunca contentan a todos por igual.

Pois a choiva aínda tardará uns días en chegar. Polo de agora, gorro de la e lentes de sol será a mellor combinación para pasar a semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019