Decae a rúa Real como referencia comercial da Coruña
Publicado o 14/05/2021 14:35
A rúa Real da Coruña segue a ser zona de tránsito de persoas, máis o menos sempre concorrida, pero se miramos pola actividade comercial, foi máis do que é. O movemento de peóns portando as suas compras non ten o dinamismo que viamos anos atrás.
A ambos lados hai unha sucesión de locais comerciais en actividade, pero contan máis de vinte pechados, e en menos de dous meses desaparecerá o único que queda con marca do grupo téxtil galego máis internacional. Desde a Asociación Obelisco sinalan as causas da baixa.
Na asociación Obelisco apuntan a que o tendeiro tamén precisa reciclarse e, sobre todo, estar no comercio electrónico en Internet, que está a ter máis pulo.