Debuxando unha vida con autismo, un xeito diferente de coñecer este trastorno
Esta semana celébrase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Distintos colectivos e asociacións traballan para facilitar a ateción temperá das persoas con trastorno do aspecto autista ao tempo que reclaman máis comprensión por parte da sociedade.
Miguel Gallardo defínese a sí mesmo como traduxante, xa que segundo di, traduce a imaxes o pensamento das persoas. Unha habilidade que soubo empregar para contar as súas aventuras coa súa filla María. Unha nova visión sobre o trastorno do aspectro autista nunha novela gráfica.
As aventuras de Miguel e María tiveron tanto éxito que fixeron curtas, un documental e unha segunda novela gráfica. Ademáis Miguel percorre o mundo compartindo as súas experiencias con outras familias. Esta fin de semana estivo en Ponteareas.
A mensaxe para todos é sinxela: comprensión e empatía para os que ven o mundo doutro xeito.