Debullamos o programa de Soa Bonaval con Ariel Ninas de Tralo Valo e Carme Pardo, a educadora do Museo do Pobo Galego
Publicado o 22/10/2021 17:21
Carme Campo é a educadora do Museo do Pobo Galego e propón en Son[em]peza un itinerario sonoro polo museo para mergullarse na colección e nos arquivos usando o son.
Ariel Ninas é o zanfoneiro de Tralo-Valo, que interpretarán un repertorio baseado no arquivo do antropólogo Gustav Henningsen dos anos 60.
Soa Bonaval celébrase 22, 23 e 24 de outubro no Museo do Pobo Galego, Santiago