Deben ir os menores no sentido inverso da marcha nos coches?
Publicado o 21/10/2018 13:30
En só unha semana, a DXT detectou 189 menores de idade viaxando en coches e furgonetas sen empregar ningún sistema de retención infantil. Son as cifras preocupantes que deixou unha campaña especial de Tráfico realizada na primeira semana deste mes de outubro.
Ademais, esta semana celebrouse o primeiro Día da Contramarcha, para concienciar e dar a coñecer os beneficios que ten levar os nenos no sentido inverso. Para falar diso temos con nós a Belén Pernas, membro da asociación A contramarcha salva vidas.