CRTVG

Buscar

A débeda do Goberno central foi o desencadeante do primeiro cara a cara entre Feijóo e Caballero

Publicado o 11/09/2019 13:49

O líder dos socialistas galegos aproveitou o seu primeiro debate con Feijóo desde que tomou as rendas do Partido Socialista de Galicia en outubro de 2017, para avisalo de que hai "unha nova maioría social" en Galicia que situará o xefe dos populares galegos "na oposición" dentro dun ano.

O presidente da Xunta quixo marcar o posto de cada un: "Vostede fala xa como presidente da Xunta, nin sequera foi candidato, nunca gañou unhas eleccións, pero fala como presidente".

Durante o primeiro acareo mantido con Caballero na sesión de control, Núñez Feijóo criticou que o seu adversario actúa con "obediencia debida" coma se fose un "franciscano socialista" e un "monicreque" do PSOE en Madrid, xa que Pedro Sánchez "non ten un secretario máis  obediente en toda España".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí