CRTVG

Buscar

Debe limitarse o tempo para estar nas terrazas dos bares?

Publicado o 29/05/2020 20:55

Preguntamos ao chou canto tempo levan algúns clientes na terraza dun bar. Trinta minutos parecen dabondo para consumir se hai apuro. Cumpren os clientes con ese tempo? Nas terrazas de cidade e interior parece que si.

Pero nas terrazas da costa, a cousa cambia un pouco. As boas vistas o plan xunto á area parece que convidan a prolongar as consumicións. Será necesario e oportuno entón establecer un máximo de tempo para consumir? Hai locais que xa o están facendo. Unha hora. Pero ideas hai para todos os gustos. Total un café cada media hora.

De momento, hostaleiros e clientes contan que as terrazas e os tempos están en período de adaptación e que haberá que ir vendo antes de impoñer restricións.



 

Noticias web

29/05/2020