Debátese entre a vida e a morte no hospital de Ourense a muller que caeu ao río Barbaña
Publicado o 02/12/2020 12:44
Debátese entre a vida e a morte no Hospital Universitario de Ourense a muller de 66 anos que onte caeu ao río Barbaña.
Segundo testemuñas do suceso, a muller debeu esvarar cando alimentaba uns gatos da rúa, como facía habitualmente na zona. Precipitouse desde unha altura duns catro metros e golpeou a cabeza contra unhas pedras.
Un home que viu a caída deu a voz de alarma. Os primeiros en chegar foron os sanitarios, pero precisaron a intervención dos bombeiros para rescatar a vítima, que ía consciente. O seu estado empeorou despois, e agora permanece en morte cerebral.