CRTVG

Buscar

Debátese a moción de censura en Castela e León, pero o candidato socialista non ten garantidos os apoios

Publicado o 22/03/2021 09:25
Debátese a moción de censura en Castela e León, pero o candidato socialista non ten garantidos os apoios

Os aplausos foron protagonistas no hemiciclo das Cortes onde este luns arrincou o Pleno en que se debate a moción de censura presentada polo PSOE ao Goberno da Xunta formado por PP e Cidadáns.

O primeiro en acceder á Cámara foi o portavoz socialista Luís Tudanca, quen levantou os 35 procuradores socialistas no seu acceso ao hemiciclo acompañado pola súa secretaria de Organización Ana Sánchez. Esta, ademais, encargouse de presentar a moción de censura e defender a Tudanca como presidente.

Minutos máis tarde, ao redor das 9:00 horas, entraba na Cámara o actual presidente das Cortes Alfonso Fernández Mañueco, quen fixo levantar cunha pechada ovación a todos os membros do Goberno rexional formado por PP e Cs, procuradores do PP e da formación laranxa.

Así comezou unha sesión histórica para as Cortes, xa que é a primeira vez que no Parlamento de Castela e León se debate unha moción de censura. Pero non parece que vaia prosperar. Aquí, a formación de Arrimadas manifestou dende o principio a súa negativa ao PSOE e que seguirá apoiando os populares. As dúbidas chegaron tras a marcha dunha deputada de Ciudadanos o venres. Con todo, o socialista Luis Tudenca aínda non tería os apoios necesarios.

Noticias web

22/03/2021