CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Debaten sobre a nova Lei europea de protección de datos no IV encontro Hack & Beers de Vigo

Publicado o 13/04/2018 21:15






O vindeiro mes de maio entrará en vigor a normativa europea que obrigará as empresas e as administracións públicas a deseñar o seu propio plan de protección de datos. Este novo marco legal e outros aspectos de ciberseguridade tratáronse no cuarto Encontro de Hackers Éticos, Hack & Beers, que se celebrou este serán en Vigo.

Os expertos consideran que a nova normativa europea de proteción de datos, que será de obrigado cumprimento a partir do vindeiro 25 de maio, reforza os dereitos dos cidadáns e é máis equitativa porque os seus requisitos se endurecen na medida en que aumenta o tamaño das empresas.




O novo marco legal e como evitar que nos rouben o wifi foron os asuntos que se trataton na cuarta edición do encontro 'Hack & Beers' de Vigo, un contexto informal en que se fala de temas de serios organizado por expertos en ciberseguridade e hacking ético.




O encontro está aberto a toda a cidadanía e xa hai cita para o seguinte, previsto para o vindeiro mes de xullo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/04/2018